Thursday 09 de May de 2024

Renovación do DNI en Oleiros do 1 ao 4 de abril


Unha unidade móbil de expedición do DNI desprazarase ao Concello de Oleiros (Casa Charry) os días 1, 2, 3 e 4 de abril.

As persoas interesadas poderán pedir cita desde o día 15 de marzo chamando ao teléfono 981 61 00 01.

Os documentos necesarios para a renovación do DNI son 1 foto a cor recente e DNI antigo (no caso de darse unha renovación por caducidade). No caso de renovación de DNI por perda ou roubo, se este se atopa en período de renovación (nos último 180 días de validez), os documentos serán os mesmos que unha renovación por caducidade. Se non fose así expedirase un duplicado e non se terá que entregar foto.

A renovación por cambio de domicilio ou datos de filiación ou se é familia numerosa é gratuíta, nos demais casos o custe da expedición do documento será de 12,00 euros, que se aboarán en efectivo.

Non se renovan pasaportes en Oleiros.